ACDXove


 

May

16

2012

COMPETICIONS E ACTIVIDADES, Domingo día 20 de Maio.
Últimas noticias


FÚTBOL-SALA:
Este Domingo, xogarase a segunda xornada da Copa A Mariña de Fútbol Sala.  Os equipos Benxamins que non xogaron o domingo pasado debido as Comunions, xagarán este Xoves 17 Día das Letras Galegas.
  • O noso equipo Benxamin xogará en Burela este Xoves as 12:00h. o primeiro partido.
  • O equipo Alevin, non xogará este domingo, pois están de excursión, en Pobra de Trives. Excursión organizada pola APA.do Colexio de Xove.
  • O equipo Infantil, xogara a segunda volta, contra o Cidade de Viveiro e contra o CD.Burela, en sede por concretar.
PATINAXE ARTISTICA:
O Domingo, pola mañan, os equipos de Competición de Primaria e Secundaria, viaxaran a A Coruña, para participar nun Torneo de Patinaxe Artistica, organizado polo Club Brincadeira de A Coruña. A cita será no Pavillon do Complexo Deportivo de A Sardiñeira ( A Coruña). A saída de Xove, será en autobús, as 8:45h. da mañan. Os pais ou familiares que queiran, poderán desprazarse cos equipos no autobús.
SENDEIRISMO:
O Grupo de Sendeirismo, desprazarase a o Concello de Carnota (Costa da Morte) para facer a Ruta Subida O Monte Pindo. A inscrición xa está completa,formada por 52 sendeiristas. A saída dende o Centro Civico as 7:30h. da mañan. Mais informacion na páxina , en Sendeirismo - A seguinte Ruta.
NOTA IMPORTANTE: Debido a que o Monte Pindo, e unha mole granitica de mais de 600m de altura, e moi preto da Costa, si chove vai a estár totalmente cuberto de nubes, e tamén como a subida e bastante pronunciada, pisando grandes pedras, faise perigosa. Entón si  fai mal tempo (choiva abundante), esta ruta APRAZARASE PARA O PRÓXIMO DOMINGO DÍA 27. Todolos Sendeiristas serán avisados por telefono no caso de que sexa APRAZADA.
 

May

02

2012

GALA DE PATINAXE ARTISTICA, CHANTADA-2012
Últimas noticias

Este domingo día 6 de Maio, os equipos de Primaria e Secundaria de Patinaxe Artistica, desprazaranse a Chantada, para participar na Gala de Patinaxe Artistica, Chantada-2012. O equipo de Primaria representará "Noite de Bonecas" e o equipo de Secundaria representará "Morcegos".

Nesta Gala de Chantada, participaran un totalde 10 clubes de toda Galicia. O grupo de Patinaxe Artistica da ACD.XOVE, é o unico equipo de A Mariña que compite en Patinaxe Artistica. O desprazamento farase en autobús con saída dende o Centro Civico as 8:30h. da mañan.

Os acompañantes poderán desprazarse no autobús co equipo, pagando unha cota de 5.-€ os Adultos, e os menores de forma gratuita. RECORDAMOSVOS A TODOS QUE:  O sábado día 5 de Maio as 14:30h. sairá na TVG 2 o Campionato Provincial de Boveda, no programa CANCHA JUNIOR.

Este programa tamén se poderá ver en internet en www.canchajunior.com, a partir do sabado.

 

Abr

30

2012

ACD.XOVE, SUBCAMPIONS PROVINCIAIS DE PATINAXE ARTISTICA
Últimas noticias
O equipo de categoria de Primaria, que participou este sabado pasado día 28 no Campionato Provincial de Patinaxe Artistica celebrado en Beveda, proclamouse SUBCAMPION PROVINCIAL de Patinaxe Artistica na especialidade de Show. O equipo formado por 14 nenas, que representaron "Noite de Bonecas", acadaron un gran nivel de competición.

 

patinaxe

 

 

Abr

25

2012

CAMPIONATO PROVINCIAL DE PATINAXE, BOVEDA-2012
Últimas noticias

Este sábado día 28, celebrase en Boveda (Lugo) o Campionato Provincial de Patinaxe, donde o noso equipo de Primaria vai a participar, dentro dos Grupos Show, representado "Noite de Monecas".

A Competición será no Pavillon Municipal de Boveda e dará comenzo as 12:30h. da mañan. Neste Provincial participan os seguintes equipos: Escolas Deportivas Municipais de Chantada, EDM. de Sarria, ED. de Escairón, EDM. de Monterroso, Club de Patinaxe Anca, e ACD.XOVE.

A organización corre a cargo da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e do Concello de Boveda. Destacar que a ACD.XOVE, é a única entidade da Mariña que participa nas competicions deportivas de Patinaxe Artistica. O desprazamento farase en autobús, con saída as 8:45h. dende o Centro Civico, do sábado día 28. DESEXAMOVOS A TODALAS NENAS,  MOITA SORTE NESTE CAMPIONATO.

 

P4150085

 

 

Abr

22

2012

OURO, PRATA E BRONCE NO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA
Últimas noticias
Éxito total dos nosos xogadores no Campionato Provincial de Tenis de Mesa, celebrado este sabado día 21 en Vilalba.
  • O equipo Cadete Femenino, formado por Rocio Duarte e Salomé Cardoso, proclamaronse CAMPIONAS PROVINCIAiS o gañar a o equipo de A Pastoriza. Levaron a medalla de Ouro e clasificaronse para o Campionato Galego.
O equipo Cadete Masculino, formado por Samuel Rey e Mateo Meitin, proclamaronse SUBCAMPIONS PROVINCIAS, perdendo na final ante o Club de Tenis de Mesa Ceibe de Monforte de Lemos. Estos xogadores accederon a final despois de eliminar nas semifinais o Club Dez Portas de Lugo. Levaron a medalla de Prata e clasificaronse para o Campionato Galego.
  • E finalmente o equipo Infantil Masculino, formado por Kevin Canoura, Aarón Blanco e Safouan Housni, proclamaronse TERCEIROS PROVINCIAIS, gañando o terceiro posto a o Club Ceibe de Monforte. Levaron a medalla de Bronce, pero non se clasifican para o Campionato Galego.
O Campionato Galego de Tenis de Mesa, celebrarase tamén en Vilalba no mes de Xuño

 

NORABOA A TODOLOS COMPOÑENTES DOS EQUIPOS DE TENIS DE MESA.

 

Abr

18

2012

CAMPIONATO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA
Últimas noticias
O próximo sábado día 21 celebrase no Pavillon Municipal de Vilalba o Campionato Provincial de Tenis de Mesa, para o cal temos clasificados 3 equipos.
Equipo Cadete Masculino, formado por:   Samuel Rey e Mateo Meitin
Equipo Cadete Feminino, formado por:    Rocio Duarte  e Salomé Cardoso
Equipo Infantil Masculino, formado por:  Kevin Canoura, Aarón Blanco e Safouan Housni.
O Campionato dará comenzo as 10:15h. da mañan, e terminará sobre as 17:00h. da tarde. O desprazamento facemolo en autobús con saída dende o Centro Civico de Xove as 8:25h. da mañan.Cos xogadores desprazarase o Monitor de Tenis de Mesa, Eugenio Alonso, e o Presidente da ACD.XOVE, José Manuel Blanco.
Dende aquí moita sorte a todos.{#emotions_dlg.cool}
tenismesa5454
 

Abr

14

2012

patinaxe artistica en Xove
Últimas noticias

ppa


 

Abr

11

2012

BALONCESTO ESCOLAR
Últimas noticias
Partidos para o  Sábado día 14 de Abril.
  • as 10:00h. C.B.Viveiro - ACD.XOVE  (Cat. Benxamin) no Pavillon Municipal de Viveiro.
  • as 11:00h. C.B. Viveiro - ACD.XOVE (Cat. Alevín) no Pavillón Municipal de Viveiro.
Saída as 9:30h. dende o Centro Civico (en coches particulares)
 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Páxina 1 de 19

Competicións

Escolas Culturais

Contador de Visitas

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoxe80
mod_vvisit_counterOntes148
mod_vvisit_counterEsta semana1077
mod_vvisit_counterEste mes2964
mod_vvisit_counterTódolos días45783

A túa IP 38.107.179.237
,
Hoxe: May 20, 2012

Usuarios:

Tenemos 1 invitado conectado
        

As nosas fotos

Fotografías ACD

Web do Concello

Concello de Xove

Opina sobre...

¿Que actividade che gusta máis?